h1

O servizo de Cirurxía Xeral atópase na terceira planta do bloque técnico do Hospital Lucus Augusti, na zona que corresponde á Unidade Administrativa 3A.
 
Esta área propia de Cirurxía Xeral consta de 3 salas comúns, 2 de traballo e unha para sesións.
 
Hospitalización: hai un total de 68 camas asignadas a cirurxía xeral.
 
Consultas externas: existe un bloque de 7 consultas asignadas a cirurxía xeral.
 
CMA: o bloque de CMA integrado no propio hospital compártese co resto de especialidades.
 
Habilítanse de 3-6 quirófanos, dependendo dos requirimentos asistenciais.
 
Quirófano: Existen 3 quirófanos asignados a cirurxía xeral (9, 10 e11), para cirurxía programada, un deles integrado.
Quirófanos de urxencia: Existen 2 quirófanos dispostos para cirurxía de urxencias.