h1

Coa Xornada Online que vos presentamos hoxe, 12 de Maio de 2021, queremos celebrar o Día Internacional da Enfermería, día en que lembramos o aniversario do nacemento de Florence Nightingale así como o recoñecemento de ser os profesionais da Saúde máis confiables e respectados.

O lema para este ano 2021 é: Enfermería: Unha voz para liderar - Unha visión de futuro para a atención de saúde

En 2021 buscamos mostrar como a enfermería mirará cara ao futuro e como a profesión transformará a próxima etapa da atención médica.

Continuamos neste ano 2021 inmersos na pandemia causada pola COVID-19 (feito que nos condiciona no formato de celebración da Xornada), co reto de responder a unha campaña de vacinación sen precedentes que nos axude a recobrar a normalidade, e de manter a actividade asistencial con calidade e seguridade para os nosos pacientes. 

Hoxe máis que nunca a Enfermería merece un especial recoñecemento ao seu esforzo por coidar dos pacientes da nosa Área Sanitaria.

Desde o Hospital Público de Monforte organizamos esta Xornada co desexo de expoñer un ano máis o traballo da profesionais da área Sanitaria.


A Xornada estará dispoñible na plataforma Mestre e pódese acceder desde a intranet, na Comunidade de Docencia e Formación, ou a través da ligazón

http://mestre.sergas.es/course/view.php?ide=2673?

Subdirección de Enfermería

Hospital Público de Monforte

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Documentos relacionados Documentos relacionados