UNIDADE DE REANIMACIÓN-ESPERTAR
A Unidade de Reanimación-Espertar, situada actualmente na planta segunda do Edificio do Bloque Técnico do Hospital Lucus Augusti, encárgase de acoller aos pacientes intervidos cirúrxicamente.
Aqueles pacientes que requiran uns coidados postoperatorios máis intensos, ben pola súa gravidade ou ben por ser sometidos a intervencións máis graves, son derivados á Unidade de Reanimación. Esta unidade na actualidade está dotada con 13 camas, dúas das cales corresponden a boxes para pacientes que precisen illamento.
Os pacientes con intervencións menos graves ou cuxa situación clínica o permita alóxanse no postoperatorio inmediato na Sala de Espertar, onde estarán ata que poidan ser trasladados a planta de hospitalización. A sala de espertar actualmente dispón 26 boxes ou cubículos de atención e está situada a continuación da unidade de Reanimación no mesmo bloque técnico próxima á área cirúrxica.
Teléfonos Unidade de Reanimación:
Externo: 982296541
Interno: 536541 Reanimación, 536551 Sala de Espertar
Horario de Visitas:
Tarde: 15:30 - 16 horas
Noite: 21:30 - 22 horas
Información Médica Diaria: de 10-12 horas.
UNIDADE CMA
A unidade de C.M.A. ou cirurxía maior ambulatoria inicia a súa andaina coa apertura do Hospital Lucus Augusti. Reemplaza e actualiza a Unidade de Cirurxía de curta estancia anteriormente situada no edificio do Antigo Hospital Provincial ou de San José.
O seu obxectivo é mellorar a atención sanitaria, permitindo que pacientes que polas súas condicións clínicas non precisan ser intervidos cirurxicamente con hospitalización, retornen ao seu domicilio unha vez realizado o procedemento cirúrxico.
Esta unidade está coordinada desde o Servizo de Anestesiología-Reanimación.
No momento presente os servizos cirúrxicos que prestan a súa carteira de servizo na unidade son: Oftalmoloxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía Xeral, Traumatología e Ortopedia, Otorrinolaringología, Cirurxía Vascular, Urología, Ginecología, Unidade da Dor e Dermatoloxía.
UNIDADE DA DOR
A Unidade de Dor é unha consulta especializada no tratamento de procesos dolorosos cuxa complexidade require de tratamentos e técnicas especializados.
Serve de apoio ao resto de especialidades hospitalarias así como a médicos de atención primaria. Estes facultativos deciden os pacientes subsidiarios de acudir a esta consulta especializada, solicitando a mesma mediante unha folla de interconsulta.
Á súa vez a Unidade de Dor encárgase da supervisión e control do tratamento da Dor Aguda Postoperatorio dos pacientes con intervencións cirúrxicas do noso hospital.
CONSULTA DE PREANESTESIA
A Consulta de Preanestesia ten tres obxectivos fundamentais:
Valorar Risco Anestésico-Cirúrxico paciente.
Informar e Acordar o Acto Anestésico entre o anestesiólogo e o paciente.
Obter o Consentimento Informado.
Para iso o médico anestesiólogo terá unha conversación co paciente onde avaliará a súa Historia Clínica, realizará unha Exploración Física, anotará os Tratamentos Farmacolóxicos aos que estée sometido, avaliará as Probas Preoperatorias e decidirá a realización doutras específicas se o estima oportuno.
ANALXESIA EPIDURAL-OBSTÉTRICA
A Analgesia Epidural Obstetrica permite diminuír o disconfort da nai durante o proceso de dilatación e o período expulsivo do parto. O médico encargado de realizar a técnica é un médico anestesiólogo, quen acordará a indicación co médico obstetra e a matrona.
Aquelas mulleres que ao finalizar o seu embarazo desexen a Analgesia Epidural deberán ser avaliadas na Consulta de Preanestesia no terceiro trimestre da súa xestación, onde se lles explicasen os riscos e beneficios da técnica por un médico anestesiólogo.