HiddenAnchor
Galego
Castellano
Nuestra organización
Servicios asistenciales
Servicios centrales
Temas
Asistencia
Docencia, formación e investigación
Donación y transplantes
Empleo público
Información para mi salud
Investigación
Práctica clínica
Sobre nuestra organización
Colectivos
Ciudadanía y Pacientes
Empresas y Proveedores
Profesionales
Me interesa
Citas
Cambiar de médico
Saber mi posición en la lista de espera
Tengo que ingresar
Donaciones
Estoy investigando
Guías
Hacer una consulta, sugestión o reclamación
Me estoy formando
Registro de instrucciones previas
Solicitar la historia clínica
Solicitar mi hoja de medicación activa
Soy un profesional de la salud
Tarjeta sanitaria
Ver mi informe de alta
h1
Temas
Información para mi salud
Guía de atención al usuario
Guía de instruccions previas
Guía de instruccions previas
Descargar instruccións previas
1. Que é o documento de instrucións previas? É o documento en que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre aquelas actuacións médicas a recibir ou non, co fin de que esta sexa respectada e cumprida no momento en que por determinadas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente. Este documento supón un paso máis no recoñecemento do dereito de autonomía dos pacientes, permitíndoselles decidir sobre os coidados e o tratamento da saúde que desexan recibir ante situacións futuras. 2. Quen pode outorgar o documento de instrucións previas? Calquera persoa maior de idade que estea capacitada e actúe libremente. 3. Cal debe ser o contido deste documento? O documento deberá ter en todo ou parte o seguinte contido: Instrucións e opcións acerca dos coidados e o tratamento da saúde da persoa outorgante, chegada unha situación en que polas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente. Instrucións sobre o destino do corpo e dos seus órganos, unha vez chegado o falecemento. No documento tamén se poderá nomear unha persoa representante para que, chegado o caso, sirva como interlocutor co médico ou co equipo sanitario que presta a asistencia para procurar o cumprimento das instrucións previas. 4. Como se outorga o documento de instrucións previas? O documento de instrucións previas debe estar formalizado mediante algún dos seguintes procedementos: Ante tres testemuñas maiores de idade e con plena capacidade de obrar, das cales dúas, como mínimo, non poderán ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade nin estar vinculadas por relación patrimonial coa persoa outorgante. Ante notario (sen necesidade de testemuñas). 5. A quen vai dirixido o documento de instrucións previas? As instrucións manifestadas no documento van dirixidas ao médico ou ao equipo sanitario que preste a asistencia á persoa outorgante, e unicamente terán eficacia cando a mesma se atope nunha situación que non lle permita expresar persoalmente a súa vontade. 6. Que é o Rexistro galego de instrucións previas? É un rexistro dependente da Consellería de Sanidade, no cal os outorgantes, se así o desexan e cumprindo os requisitos establecidos, poderán inscribir o seu documento de instrucións previas, ou se é o caso, a súa substitución ou a súa revogación. A finalidade do rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do dito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta. Este rexistro estará suxeito ás debidas precaucións de seguridade e confidencialidade. Co fin de garantir a súa eficacia en todo o territorio nacional, o Rexistro galego de instrucións previas estará interconectado co Rexistro nacional onde se recollen as instrucións previas inscritas nos distintos rexistros autonómicos. 7. Onde se dirixe a solicitude de inscrición no Rexistro galego de instrucións previas? A inscrición dun documento de instrucións previas farase a solicitude da persoa outorgante, cubrindo o modelo creado para o efecto. Este modelo está dispoñible en calquera das unidades do Rexistro galego de instrucións previas (a relación de unidades atópase ao final desta páxina). Tamén pode descargarse no apartado "Modelos", que aparece no menú á dereita desta páxina. A solicitude deberá dirixirse a calquera das unidades do Rexistro galego de instrucións previas. Tamén poderá presentarse en calquera centro do Servizo Galego de Saúde onde se lle dará traslado á unidade do Rexistro que corresponda; ou mediante algún dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 8. Que documentación hai que presentar para rexistrar o documento de instrucións previas? A solicitude irá acompañada en sobre pechado da seguinte documentación: No caso de terse formalizado ante testemuñas: Documento orixinal de instrucións previas (recoméndase paxinalo) asinado pola persoa outorgante e as tres testemuñas (debe figurar o lugar e a data do outorgamento). Declaración responsable de cando menos dúas das tres testemuñas de non ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade nin estar vinculadas por relación patrimonial coa persoa outorgante. Copias compulsadas dos DNI/pasaporte da persoa outorgante e das testemuñas. No caso de terse formalizado ante notario: Copia auténtica do documento de instrucións previas. Copia compulsada do DNI/pasaporte da persoa outorgante. No caso de que o outorgante designe unha persoa representante e, de ser o caso, un substituto, deberá así mesmo xuntar: Documento que acredite a súa designación asinado polo outorgante. Copia compulsada do DNI/pasaporte da persoa representante e, de ser o caso, do seu substituto. En todo caso, é importante que o outorgante quede cunha copia do documento de instrucións previas. 9. Existe a posibilidade de revogar o documento? En calquera momento o documento de instrucións previas poderá ser obxecto de substitución ou de revogación por parte da persoa outorgante, deixando constancia por escrito. REXISTRO GALEGO DE INSTRUCIÓNS PREVIAS * Funcións do rexistro: Inscribir os documentos de instrucións previas, así como a súa substitución ou revogación. Custodiar os documentos inscritos. Facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais responsables da asistencia sanitaria. Facilitar o acceso e a consulta dos documentos de instrucións previas ás persoas autorizadas, así como expedir certificacións e copia deles. * Organismo responsable: Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria (Subdirección Xeral de Aseguramento). * Unidades do Rexistro galego de instrucións previas: Servizos centrais da Consellería de Sanidade Secretaría Xeral Edificio Administrativo San Lázaro, s/n 15703 Santiago de Compostela Tlf.: 881 547 471 Departamento Territorial de Sanidade de A Coruña Rúa Gregorio Hernández, nº 2 - 4 15011 A Coruña Tlf.: 981 155 823 / 981 155 852 Área Sanitaria de Ferrol Unidade de Atención ó Paciente Hospital Arquitecto Marcide Avda. da Residencia, s/n 15405 Ferrol Tlf.: 981 334 070 / 981 334 043 Departamento Territorial de Sanidade de Lugo Rúa Montevideo, nº 9, 1º 27001 Lugo Tlf.: 982 292 086 / 982 292 116 Departamento Territorial de Sanidade de Ourense Avda. de Zamora, nº 13 32005 Ourense Tlf.: 988 066 320 Departamento Territorial de Sanidade de Pontevedra Avda. de Fernández Ladreda 43 36003 Pontevedra Tlf.: 986 885 334 Edificio Administrativo da Xunta de Galicia Rúa Concepción Arenal, nº 8 (Edific. Torre, 2º andar) 36201 Vigo Tlf.: 986 817 240 DESTACADO » Guía de instrucións previas sobre coidados e tratamentos da saúde MODELOS » Solicitude de inscrición no Rexistro Galego de Instrucións Previas » Solicitude de acceso ao Rexistro Galego de Instrucións Previas » Documento de instrucións previas outorgado ante testemuñas » Nomeamento de representante e de substituto » Declaración das testemeuñas » Revogación do documento de instrucións previas CAMPAÑA INFORMATIVA » Cartel da campaña » Información para o profesional » Información para o cidadán LEXISLACIÓN AUTONÓMICA » Decreto 259/2007, do 13 de decembro, polo que se crea o Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde. » Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes » Lei 3/2005, de 7 de marzo, de modificación da Lei 3/2001, de 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes LEXISLACIÓN ESTATAL » Real Decreto 124/2007, do 2 de febreiro, polo que se regula o Rexistro nacional de instruccións previas e o correspondente ficheiro automatizado de datos de carácter persoal » Lei 41/2002, de 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos y obligacións en materia de información e documentación clínica
Ordenar
Sin agrupar
Agrupar por Colectivos
Agrupar por Me interesa
Agrupar por Nuestra organización
Agrupar por Servicios asistenciales
Agrupar por Servicios centrales
Agrupar por Servicios en internet
No se encontró ningún resultado asociado
Enviar a un amigo
90753 votos
Votar
Votar
Imprimir
Convertir en PDF
Compartir
Clasificación
Categorías:
Temas,
Información para mi salud,
Derechos y deberes,
Normativa y prestaciones de salud y atención social,
Recomendaciones de salud
Colectivos,
Ciudadanía y Pacientes,
Personas mayores,
Adultos,
Mujeres,
Enfermos y transplantados
Me interesa,
Registro de instrucciones previas,
Donaciones,
De órganos,
De sangre,
De sangre umbilical,
De médula ósea