Area Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
A Area Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos proporciona asistencia para a mellora da saúde da súa poboación, onde a docencia e a investigación se constituen como elementos inherentes ao proceso asistencial.
Conta con excelentes profesionais, medios tecnolóxicos, de información e comunicación, que utiliza con eficiencia, efectividade, seguridade e eficacia co fin de contribuír ao benestar da sociedade.
Integra Atención Especializada, rede de Atención Primaria, outras institucións e centros implicados coa saúde, establecendo alianzas que garanten a continuidade asistencial e a mellora global do sistema.